Burela, 28 de maio de 2019. Música, teatro e a festa castrexa son algunhas das propostas culturais de Burela para o vindeiro mes de xuño.
As actividades darán comezo o 4 de xuño con funcións de teatro en inglés para escolares que terán lugar nos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme.
O día 7 celebrarase o Festival do CEIP Virxe do Carme que se desenvolverá en horario escolar.
O 14 de xuño o grupo Os Náufragos porá en escena a obra Castrapo con Estíbaliz Veiga, coñecida actriz mariñana. Será ás 21 horas na Casa da Cultura.
O 19 de xuño ofrecerá un concerto a Escola de Música ás 20 horas.
O día 20 terá lugar o Festival fin de curso do CEIP Vista Alegre, en horario escolar.
O mes de xuño rematará coa celebración da festa castrexa que dará comezo o venres 28, ás 21:30 horas. Ese día será o desfile de clans, haberá actuacións teatrais, queimada e verbena. Esta cita continuará o 29 cos xogos castrexos na praia que comezarán ás 12:00 horas. Pola tarde seguirá coa busca do Torques, a partires das 17:00 horas, e pola noite rematará cunha verbena.
Mentres chega o mes de xuño seguen as festas patronais de 2019, que se prolongarán ata o vindeiro martes, día 4.
O Concello de Burela organiza esta programación cultural para o mes de xuño en colaboración coa Xunta de Galicia, AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.