viveiro 27-5-19. O pasado sábado celebrouse o Campionato galego e de España de veteráns de media maratón, con saída en Ortigueira e meta en Cariño, cunha masiva participación de atletas chegados de toda España. O bo tempo axudou ó desenrolo da proba cun percorrido rompe pernas, no que os atletas tiveron que facer un gran esforzo para acadar a liña de meta. Por parte dos atletas do C.D.Egovarros-Viveiro os medallistas nas distintas categorías foron: en W60, Begoña de Arriba subcampiona de España e subcampiona galega. En W60, Elisa Paz campiona galega. En W55, Manuela Guisáosla foi tamén campiona galega. E en W40, Silvia Diez fíxose coa medalla de bronce no galego. No apartado masculino, en M55, Emilio Martínez foi campión galego e cuarto no de España. En M60, Emilio Toral foi bronce no galego. O equipo feminino acadou a medalla de bronce no galego por equipos. Outros compañeiros estiveron a piques de subir ó podium, como na categoría de M65, Eliseo López que foi cuarto no galego; e en M55, Rufino Fernández, sexto.