Joma e Pescados Rubén Burela FS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio o pasado verán dando continuidade a unha relación que comezou na tempada 2011-12. A marca española vestirá a toda a estrutura do club laranxa ata 2020, tanto en Primeira División RFEF como Segunda e Primeira LNFS, así como aos máis de 160 nenos/as que compoñen as categorías de base.