Burela, 22 de maio de 2019. A Banda da Escola de Música de Burela foi presentada este mediodía e estrearase o vindeiro sábado, día 25, no pregón das festas patronais. Está formada por 30 persoas con idades que oscilan entre os 8 e os 69 anos. O seu director, Bruno Álvarez, agarda que se incorpore máis xente á Escola e tamén á Banda para así seguir medrando. No verán a formación descansará e retomarán os ensaios en setembro.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, declarou que “vimos de presentar esta mañá unha nova agrupación dentro da Escola Municipal de Música. Trátase neste caso da Banda. Este feito fala moi ben do dinamismo da Escola de Música e das súas posibilidades para os alumnos que teñan esas opcións de formar parte desta Banda, da Orquestra ou da Agrupación de Jazz, que no seu momento presentamos”.
O edil subliñou que “eles levan moitos meses traballando na Escola para que a Banda acadase o nivel necesario para poder empezar a ter actuacións e participar en eventos. Este é o momento de que iso sexa así, xa teñen un pequeno repertorio que poden tocar para a xente en actuacións públicas e por iso decidimos que era un bo momento no propio pregón das festas de Burela o próximo sábado, día 25, sobre as oito menos dez. A partir de aquí esperamos contar coa Banda para diferentes actos ou eventos en Burela, faremos o posible porque sexa así e para que se sintan implicados. Todos os que participan son rapaces, moitos deles moi noviños e que participen en cousas que organiza o Concello é un elemento motivador. Eles teñen gañas tamén de aprender e progresar. Para este ano era moi pronto para que participaran na procesión de baixada da Virxe do Carme, pero penso que para o ano que ven case seguro que podemos ter a Banda da Escola Municipal de Música acudindo a este evento tan importante para o pobo. Iso significa que a Escola de Música nos permite sacar de aí músicos e grupos que participen dentro do pobo acompañados doutras bandas que sempre veñen doutros pobos de Galicia ou doutras comunidades”.
José Díaz dixo que “hai que agradecerlle a Bruno, que é director da Banda, e ademais profesor de guitarra na Escola desde que nosoutros incluímos ese instrumento musical en 2016. Está a cargo da Banda con gran capacidade para motivar aos pequenos. Sempre digo que temos en Burela na Escola Municipal de Música un nivel excelente de profesorado, penso que dos mellores da provincia de Lugo. Iso, xunto co traballo do director da Escola, axuda a ir engadindo especialidades ou agrupacións como neste caso, e poden xurdir moitas máis de rock, de blues, hai moitas variantes e con profesores dese nivel e que demostran esa implicación é moito máis fácil. Desde o Concello transmitímoslle ao director o desexo de que a Banda siga crecendo, que sexa moi importante dentro do organigrama do centro e que dure moitos anos”.
O director da Banda da Escola de Música de Burela, Bruno Álvarez, contou que “llevamos un tiempo con este proyecto en mente sobre todo desde el Concello y el director de la Escuela. Se planteó y empezamos a trabajar en ello. Vamos a hacer la presentación este sábado y también estrenaremos una obra de uno de los integrantes de la Banda, que su nombre es Andrés Fernández Cortés y el título de la obra es Yo qué sé. La Banda tiene alrededor de treinta músicos con edades desde los 8 años hasta los 69. La idea es que cualquier persona que quiera tocar un instrumento de viento y percusión que venga a la Escuela para ir creciendo poco a poco, hasta tener una Banda de grandes dimensiones”.
Para Bruno Álvarez “es difícil al principio, porque es difícil tener gente, pero a medida que vas creciendo y va cogiendo nivel la Banda yo creo que la gente va a tener más ganas de unirse. Ayer mismo me llegaba un whastapp de una chica que quería incorporarse”.