- Charla sobre poder e medios de comunicación en Ribadeo
A A.C. Francisco Lanza organiza este venres, 29 de novembro ás 20.30h, na Casa do Viejo Pancho, unha charla coloquio sobre a situación dos medios de comunicación e as relacións destes co poder. Estará impartida por Luis Álvarez Pousa, director da revista "Tempos Novos" e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Presentará o acto, Farruco Graña, presidente da ACFL.
- A Semana Santa de Viveiro recibe o galardón "Lucense del año"
Na súa representación estivo o seu Presidente, José Veiga, apoiado pola Alcaldesa, María Loureiro, compañeiros da Xunta de Confrarías e Monseñor Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol que á súa vez contaba coa compañía do Párroco D. Xosé Ramón Escourido Basanta.
- Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
Reclamaron unha xuntanza urxente para abordar a situación da fábrica e maior implicación dos goberntos estatal e autonómico.
- O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
Os seus editores, Carlos Baliñas Pérez (USC) e Carlos Andrés González Paz (IEGPS), acompañados pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, explicaron o contido do libro, que constitúe unha revisión diacrónica da traxectoria histórica da vila de Castro d’Ouro desde a Idade do Ferro ata finais do Antigo Réxime e que reúne os relatorios presentados por expertos de recoñecida traxectoria investigadora durante as “Xornadas de Estudos Históricos”, (2 e 3 de outubro de 2020, centro sociocultural de Alfoz), con motivo do octinxentésimo aniversario da vila de Castro d´Ouro (1220-2020).
- O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
Esta familia naceu arredor de cinco irmáns: Paco, Esperanza, Toñito, Juan José (Sé) e Joaquín. Tocoulles vivir tempos difíciles na xuventude, véndose obrigados algúns deles a emigrar. Na reunión estiveron presentes os tres que se ven na foto: Esperanza, Sé e Joaquín, xunto con fillos, sobriños, etc. Unha reunión entrañable, porque había bastante tempo que a familia non se reunía.
- Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
Aproveitouse despois para ver o partido entre Almería e Dépor lembrando "as peñas irmáns que hai polo territorio estatal". A peña burelá agarda repetir nova cita antes do remate da actual tempada coa intención de celebrar éxitos dos distintos equipos que compoñen a estrutura do RC Deportivo.
- A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
A Garda Civil imputa en calidade de investigada a unha veciña de San Miguel de Reinante de 38 anos de idade como suposta autora dun delito de simulación de delito. A persoa investigada denuncio en dependencias oficiais dous cargos indebidos na súa conta bancaria. Iniciouse entón unha investigación policial comprobando documentalmente que os cargos se corresponden con dúas cotas dun préstamo ao consumo contratado pola investigada e ingresado na súa propia conta. Supostamente a persoa investigada pretendía que a entidade bancaria devolvéselle os importes das cotas domiciliadas tras formular a denuncia ante a Garda Civil. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial