A obra está baseada no texto, do mesmo título, do escritor Xohán García “Rompe”, e música de Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela. A autora das letras das cancións é Xulia Nogueira, profesora de violonchelo tamén na Escola de Música de Burela, e o deseño corresponde a Tomás López Retorta. A viaxe de Brandán foi representada no ano 2012 por alumnos da Escola Municipal de Música de Burela, en colaboración con grupos teatrais da comarca, e posteriormente gravada pola Radio Televisión Galega e interpretada por alumnos da Escola. O libro-disco A viaxe de Brandán foi editado polo Concello de Burela.