Riotorto, 14 de maio de 2019.- O PSOE de Riotorto pon en valor os 230.000 euros achegados polo Goberno da Deputación para mellorar as prestacións públicas municipais. O voceiro municipal, José García, agradeceu o compromiso do Executivo Provincial cos veciños de Riotorto e lamentou que a Xunta de Galicia “non teña a mesma sensibilidade e non achegue novos investimentos ao Concello”.
Os socialistas informaron que con este orzamento a Deputación mellorará o camiño na Hermida, as estradas do Rego da Pía e da Ferrería a Machín, os accesos dende a N-640 a Lodás e o de Franco a Soutelo de Arriba, así como a totalidade do núcleo de Chacín.
José García subiñou que dito investimento provincial tamén permitirá seguir ofrecendo atención profesional aos maiores a través do SAF Básico e a Teleasistencia gratuíta, xerar novos empregos no municipio e celebrar a tradicional Feira de Artesanía do Ferro.