Viveiro 7-5-19. O BNG de Viveiro encara as eleccións do 26M con optimismo e decisión sabendo que ten motivos para ir a por todas, onde o BNG está en claro ascenso, como constatou o 28A duplicando os votos polos obtidos nas anteriores eleccións. Contan co aval do traballo feito nestes últimos anos onde elaboraron un Programa Electoral serio e decidido, sendo froito do traballo desenvolto ao longo dos últimos anos coa veciñanza e dos encontros sectoriais abertos que veu mantendo a organización nacionalista cxs viveirensxs.
“Co aval do traballo feito e cun BNG en remontada, estou convencida de que imos conseguir un gran resultado o 26M que nos permitirá defender os intereses dos e das viveirensas en condicións melloradas e reforzadas. Imos a por todas, e temos que facelo con humildade e coas portas abertas ás persoas que van seguir sumándose a este proxecto solvente, unido e coa man tendida, sen poñernos límites porque estamos en tempos de avanzar e sumar para ensanchar a base social do nacionalismo reilusionando os galegos e as galegas”, salientou Pontón.
“O apoio hacia o BNG notámolo case a diario”, afirma Miriam Bermúdez, “dende que comezamos coas Asembleas Abertas no noso local até no acto público de Presentación de Candidatura, onde sempre aparecen veciñxs querendo coñecernos e desexarnos sorte cara o 26M. Cando máis apoio notamos foi dende que publicamos o Programa Electoral, a xente viu que temos as ideas claras, gañas de traballar e de facer as cousas ben”