Mondoñedo 7-5-19. En Marea preséntase como unha candidatura diversa e plural, e acreditando en que outro Mondoñedo é posible e que as cousas se poden facer doutro xeito. Pretenden ser ar fresco que abra as portas e as ventás do Concello para que este sexa a Casa de todos.
Apostan por unha xestión 100% transparente e participativa. Traballando para obter prazas asistenciais públicas e de calidade co aval de case dous anos de traballo, axudando á veciñanza, con feitos.
Esta é a lista que presentan:
Chus Amieiro
Pedro Leivas
Rosa Espiñeira
Manuel Germade
Purificación Barreira
Michel F. Stassart
Erundina García
Ernesto A. Álvarez
Genma Díaz
Braulio Casabella
Modesta Ron
Óscar Cortiñas
Celia Cabanas