Burela 6-5-19. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta tarde o billete para a final da XXVIII Copa Galicia, nas Pontes, desbancando o Santiago Futsal, grazas aos penaltis. Os pupilos de Juanma Marrube remaron co marcador en contra e conseguiron remontar un 0-3 ante o Club da Loita. Os mariñáns pelexarán por revalidar o título mañá, a partir das 19.00 horas véndose as caras co vencedor do Parrulo FS-Noia Portus Apostoli.
Comezaron os de Santi Valladares máis incisivos. No minuto 9 xa dispoñían dunha vantaxe de 0-3, grazas a Everton, en pase longo, Santi, de tacón, e Pirata, a pase de Brian. No 15 Lucho avisou con moito perigo nun balón de R. Vargas. Foi entón cando Luisma saltou á pista para liderar o xogo de cinco e no 17 atoparon os do Mariskal a recompensa, a través de Lucho. Chegando ao descanso, os laranxas non puideron selar o 2-3, cunha tentativa de Renato, que sacou a defensa compostelá baixo paus.
No segundo acto, Matamoros saíu como porteiro xogador na busca da remontada e foi precisamente a maxia do 10 burelista a que recurtou distancias no minuto 25, tras saque de falta de Renato. A precisión da Xoia Laranxa, do 12, a punto estivo de sorprender a Iago Barro por partida dobre no 26 e 27; o gol do empate estaba cada vez máis preto. E Imanol fixo o preciso para manter inalterable a renda santiaguesa, freando pouco despois a Everton (minutos 28 e 31). No 34 tocou o momento de avalancha de Matamoros, con lanzamento, rexeite e máis tarde dobre penalti, ante un Iago Barro infranqueable; tentouno Juanfran no 35 e saltou de novo Renato con xogo de cinco. Por fin, no 38 chegou o ansiado empate, con Luisma. Santiago respondeu tamén con porteiro xogador para asumir a quenda de penaltis, que rematou a favor dos de Juanma Marrube, con Imanol freando a Lucas.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Imanol, Lucho, Iago Míguez, Luisma, R. Vargas, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Renato, Pope, Juanfran, Porto, Nito, Edu
Santiago Futsal: Iago Barro, Zequi, Santi, Everton, Lucas, cinco inicial; también jugaron Brian, Pirata, Isma, Alberto, Dani Zurdo, J. Montiel, Álex Pérez
Goles: 0-1, minuto 3, Everton; 0-2, minuto, 6, Santi; 0-3, minuto 9, Pirata; 1-3, minuto 17, Lucho; 2-3,minuto 25, Matamoro; 3-3, minuto 38, Luisma. Penaltis: 4-3, Matamoros; 4-4, Everton; 5-4, Renato; 5-5, Zequi; 6-5, Iago Míguez.
Árbitros: Carreira Romero // Ferrero Carballal. Por Burela amarela para Luisma, Imanol, Edu, Lucho. Por Santiago amarela a Isma, Pirata (dobre amarela), Brian, Santi
Incidencias: Partido correspondente a semifinais de XXVIII Copa Galicia, disputado nas Pontes.