Foz 30-4-19. “Foz, Plataforma de Futuro” vai dar a coñecer publicamente a súa lista electoral para as vindeiras eleccións municipais de Maio ,o vindeiro mércores día 1 de Maio ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura.
Queremos invitar a todos aqueles veciños e veciñas que queiran acompañarnos a coñecer a lista electoral que acompañará ó noso candidato á Alcaldía Luis Alfonso sixto Legaspi.
Unha lista electoral feita para gobernar Foz os vindeiros catro anos, con xente preparada e representativa da sociedade de Foz, unha mezcla de xuventude e veteranía: empresarios, estudantes, amas de casa, formadores, profesores, parados, autónomos, xubilados, empregados de supermercados ,empregados do sector naval, etc , pero sobre todo veciños e veciñas comprometidos e comprometidas en entregar os mellores anos da súa vida en traballar por mellorar Foz e mellorar os servizos dos nosos veciños e veciñas.
Unha lista formada por 7 mulleres e 10 homes, renovada nun 70% con respecto a fai catro anos, con xente que nunca participou en política, e xente que estivo xa ocupando postos de responsabilidade en distintas corporacións.