Nota de Prensa
O PP comprometeuse coas asociacións de enfermos crónicos e discapacitados físicos a defender as súas reivindicacións ante as institucións
Lugo, a 6 de marzo de 2009.- O Partido Popular de Lugo, dentro da rolda de encontros con asociacións e colectivos de diversa índole para coñecer de primeira man o seu traballo e os atracos cos que se atopan para o seu desenvolvemento, así como as demandas que plantexan ante as diferentes institucións, mantivo unha xuntanza con representantes de Alcer, da Asociación de loita contra o cancro, Lupus, Alucem, Alufi, Agafi, Cogami, Auxilia, Alusor e Asorlu.
Representantes dos populares lucenses, encabezados polo seu presidente José Manuel Barreiro, amosaronse moi sensibles os plantexamentos formulados polos respresentantes destes colectivos, que centraron as súas demandas na necesidade de contar con máis axudas, ó tempo que insistiron en que hai que seguir avanzando moito na loita contra as barreiras arquitectónicas.
Dende o Partido Popular comprometéronse a secundar as súas peticións ante as diversas institucións e presentar cantas iniciativas sexan precisas para lograr eses obxectivos.