Lugo 28-4-19. A candidata do BNG por Lugo, Maite Ferreiro, agradeceu o traballo a toda a militancia e simpatizantes polo traballo feito nesta campaña. Maite Ferreiro destacou a imporante subida do BNG en votos, tanto en Lugo como en Galiza a respecto do 2016 e sinalou “este é o punto do arranque para obter uns magníficos resultados nas vindeiras eleccións municipais”.
Ferreiro sinalou o ocultamento do BNG no debate estatal como un factor determinante para non obter representación no Congreso, a pesares de ter duplicado os votos a respecto do ano 2016.