Lugo. 26, abril, 2019. Os candidatos do Partido Popular ás eleccións Xerais, xunto ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e á presidenta provincial, Elena Candia, mantiveron esta mañá un encontro con apoderados, interventores e outros colaboradores desta formación política, co fin de agradecerlles o traballo desinteresado que en cada período electoral levan a cabo e de trasladar a importancia de que este domingo a cidadanía vote ao Partido Popular, por ser esta formación unha garantía de gobernabilidade e de proporcionar estabilidade económica ao país.
Así o destacaron tanto Jaime De Olano, como José Manuel Barreiro e Elena Candia. Concretamente, a dirixente dos populares na provincia referiuse ás ducias de colaboradores “como “o verdadeiro motor do Partido e os responsables dos nosos éxitos”.
Neste concorrido acto, o cabeza de lista ao Congreso referiuse explicitamente a nula vontade do Goberno por buscar unha solución a crise que atravesa Alcoa, poñendo así en claro risco a súa continuidade e o seu futuro, pois, tal e como se vén de confirmar, o Executivo de Sánchez non vai aprobar o estatuto no Consello de Ministros deste venres. Para Olano isto supón “otro gran engaño del Sr. Sánchez, que llegó y se ha mantenido en la Moncloa mintiendo y ha vuelto a defraudar a los trabajadores y a la Mariña”.
“Había prometido aprobarlo hoy, aunque ya sabíamos que el estatuto no iba a dar una solución, pero esta decisión nos hace temer aún más por el futuro; algo que ya veníamos dicidendo todos estos días. Esos nubarrones que se veían a lo lejos cada vez están más cerca”. Esta circunstancia confirma, segundo apuntou, “que somos el Partido de gobierno, el PP de siempre, el PP que hace propuestas y el PP que propone bajar impuestos y que apuesta por la creación de empleo. Por lo que, o variamos el rumbo este domingo, o seguiremos igual que en 2007 y 2008”, defendeu.
Modelo Feijóo
Na mesma liña, José Manuel Barreiro destacou que “defendemos que o modelo Feijóo se traslade ao conxunto do país. É necesario este cambio senón iremos á deriva, polo que a única saída pasa por votar a Pablo Casado”, remarcou.
Pola súa banda, Elena Candia dirixiuse aos indecisos e animou a “non escatimar nestas últimas horas en esforzos e explicar aos que poidan dubidar que as persoas que colleron o PSOE non son as do Partido constitucionalista e que axudou a construír a transición”. Por iso, se goberna Pedro Sánchez, sinalou, “vai rebentar todo iso”. “Sen embargo, o PP nunca lle falla a Galicia nin aos lucenses”, concluíu.
Campaña intensa e próxima
No transcurso da intervención, Jaime De Olano deu conta da campaña realizada, destacando que “hemos sido el único Partido que hemos dicho las cosas claras”. Subliñou, neste senso, que foi unha campaña intensa e próxima, “hablando con la gente de lo que le interesa a la gente”.
Os candidatos mantiveron reunións cos principais sectores produtivos e axentes socioeconómicos da provincia: empresarios e autónomos; cos sectores forestal, do vino, do turismo, da pesca, agrogandeiro, do aluminio, sanitario, ademais de reunións con colectivos como o de pensionistas e viúvas, COGAMI ou Síndrome de Down.
Levaronse a cabo máis de 30 mitines. Feijóo estivo presente en máis dunha decena de actos, e tamén se contou coa presenza e intervención dos conselleiros de Industria, Cultura, Sanidade e Pesca, ademais de outras figuras relevantes do Partido a nivel nacional como Ana Pastor, Rafael Hernando, Alberto Nadal e Fátima Báñez. Asemade, houbo actos en todas as comarcas e en case a metade dos Concellos (Ribadeo, Cervo, Burela, Foz, Mondoñedo, Lourenzá, Riotorto, Barreiros, Viveiro, Becerreá, A Fonsagrada, Cervantes, As Nogais, Baleira, Vilalba, A Pastoriza, Guitiriz, Castro de rei, Xermade, Outeiro de Rei, Lugo, Portomarín, Sarria, Chantada, Monforte, O Saviñao, Sober, Quiroga, O Incio, Monterroso, ou O Corgo).