Foz 23-04-2019. Entendemos o estado de nerviosismo do actual alcalde ante as próximas eleccións. Cando non ten argumentos nin proposta alguna, carga as tintas da difamación máis inverosímil contra o partido rival, querendo salpicar a todas as executivas que nos precederon, incluindo a que encabezou Luis Alfonso Sixto no período 2007-2011.
Vémonos na obriga unha vez máis de desmentir as falsas informacións, manipuladas e terxiversadas que o Sr. Castiñeira quere trasladar á opinión pública:
– O SR. CASTIÑEIRA MINTE NAS DATAS. O PSOE merca a sede e trasládase a ela desde o local de Conde de Fontao no ano 2005, polo que é IMPOSIBLE que xerara ningunha débeda dende o ano 1999
– O SR. CASTIÑEIRA MINTE NA TITULARIDADE DA DÉBEDA. O PSOE non puido facer efectivo no 2005 o cambio de titularidade do servizo pola débeda acumulada do anterior inquilino, débeda que sigue ao seu nome. Era –e segue sendo- responsabilidade do Concello facer efectivo o cobro desa débeda, nas cantidades oportunas.
– O SR. CASTIÑEIRA MINTE NAS CANTIDADES. O alcalde anuncia impagos de máis de 4500 euros cando se está a reclamar nos documentos oficiais unha cantidade de 1546,38 euros.
– O SR. CASTIÑEIRA MINTE NAS FACTURAS IMPAGADAS. O PSOE de Foz non presenta ningunha factura impagada de ningún organismo, particular ou empresa.
– O PSOE DE FOZ ASUME AS SÚAS RESPONSABILIDADES. En canto o antigo deudor foi requerido de novo ao pago e se puxo en contacto co PSOE, ofrecímonos para mediar e aboar a parte correspondente.
Queda demostrado -así o indican os documentos que o alcalde filtrou incumprindo a Lei de Protección de Datos- que o PSOE quere facer as cousas ben, non causar ningún problema e resolver un problema herdado do anterior inquilino aínda resultando perxudicado economicamente. Para iso se solicitou o pago da cantidade requerida ao anterior inquilino, que o alcalde en vez de tratar administrativamente aproveita para facer política de cloaca.
O alcalde confunde a súa figura como representante dos veciños coa máis baixa catadura moral da peor política. Utilizar unha Administración para ensuciar o bo nome do PSOE de Foz non o vamos a permitir en ningunha circunstancia e defenderemos os nosos dereitos para que ningún veciño sexa vilipendiado de novo.
Expresar o noso total respaldo á compañeira María Luisa Piñera, que esta mañá foi sinalada polo actual alcalde de Foz colgando nas redes sociais o seu domicilio familiar polo simple feito de non pensar coma él, nunha operación de persecución ideolóxica sin precedentes na historia do noso pobo.