A Mariña. O número 1 por Lugo na lista ao Congreso, José Luís Moñita, subliña tamén a necesidade de “preservar San Martiño e o seu entorno do impacto visual que pode producir unha infraestrutura que polo demais é prioritaria para o desenvolvemento da Mariña”.
Neste sentido, Compromiso Por Galicia condicionará os seus apoios, tanto no Congreso con Moñita coma no Senado co candidato Saúl Sánchez, ao desenvolvemento deste investimento, acompañado doutras medidas dinamizadoras para os sectores produtivos da zona.
“Con todo o potencial que temos na costa lucense, co que mobiliza a diario a industria, o sector da pesca, o da madeira e todas as posibilidades que ofrece a calidade humana e profesional da Mariña, a inacción das sucursais dos partidos de Madrid está a ser determinante e limita o futuro da comarca”, declara Saúl Sánchez. “A falta de medidas está a empobrecer seriamente a costa”, segundo afirma Moñita, “tanto que se non tomamos decisións serias rapidamente estaremos a condenar o futuro da nosa xente”.