Lugo, 12 de abril de 2019.- Os candidatos do PSOE ao Congreso e o Senado pola provincia de Lugo, Ana Prieto e César Mogo, destacaron este venres que “o próximo 28 de abril xogámonos un modelo de país que pense no futuro, apostando polas persoas e protexendo os seus dereitos, de avance e progreso ou un modelo extremista que ameaza con facernos retroceder 40 anos”.
Ana Prieto subliñou que “foi o Goberno socialista de Pedro Sánchez o que subiu o Salario Mínimo Interprofesional ata os 900 euros e que agora parece que o PP quere rebaixar. Fomos os socialistas os que subimos as pensións e as revalorizamos ao IPC, beneficiando a máis de 117.000 lucenses e é o PP agora o que propón recortalas. Tamén fomos nós os que ampliamos o servizo de paternidade ás 16 semanas, os que impulsamos un Plan de choque integral no que se investirán 2.000 millóns en 3 anos para reducir o paro xuvenil, os que aprobamos a obriga da orixe do etiquetado nos produtos lácteos ou os que apostamos por políticas ligadas á transición ecolóxica”.
“Fixemos en 10 meses o que desfixo o PP en 7 anos”
“Elaboramos e puxemos en marcha todo isto en 10 meses de traballo, cunha minoría parlamentaria. Fixemos o que desfixo o PP en 7 anos de parálise. Por iso, é moi importante o que suceda o 28 de abril. Nos xogamos continuar cun goberno progresista, feminista, ecoloxista e cunha visión europeísta pois a alternativa son as 3 dereitas que queren romper os consensos que construímos entre todos durante tantos anos”, salientou Prieto.
Vox marca a axenda política de PP e Cs
César Mogo destacou que “Pablo Casado dixo, por fin, unha verdade, quere rebaixar o Salario Mínimo Interprofesional a todos os españois. É moi preocupante que a radicalización política do PP en materia de dereitos, como propoñer o retraso da expulsión das mulleres inmigrantes que dean aos seus fillos en adopción ou comparar o aborto cos neandeartais, tamén trasládese ao ámbito económico. Vox está marcando a axenda das outras dous dereitas, PP e Cs, presentando un programa económico que ten como principal eixo acabar co financiamento fiscal do estado de benestar e limitar os dereitos aos traballadores. O Partido Popular segue correndo á desesperada tras Vox para ver quen é o máis retrógrado e iso que a súa última rebaixa fiscal, cando gobernaban no 2015, supuxo un custe de 12.000 millóns menos para todos os españois. Ante este panorama, o próximo 28 de abril, os lucenses teñen que apostar por un Goberno que defenderá os seus intereses sen esquecerse das súas necesidades ou un modelo ligado aos recortes permanentes e a perda progresiva de dereitos”.