Alfoz 11-04-2019.- O PSOE de Alfoz presenta a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio nun Acto Público na Casa de Cultura da localidade mañá venres ás 20:30 horas e anima a todos os alfocenses a asistir ao devandito acto.
Encabezada polo actual alcalde Jorge Val, esta candidatura, confórmana un grupo de homes e mulleres de distintas parroquias do concello, con diferentes idades e puntos de vista, pero con algo en común, a crenza de que se poden mellorar as cousas a base de traballo, ilusión, tempo, intelixencia e formalidade, para que Alfoz camiñe cara a adiante.
Están confirmadas as intervencións do Secretario Xeral provincial de Lugo Álvaro Santos, das candidata ao Congreso Sonsoles López e o candidato ao Senado Cesar Mogo