No curso participaron 6 profesores e 10 técnicos de empresas da zona. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “partindo de avarías provocadas en vehículos, utilizando distintos sistemas de diagnosis con equipos e ferramentas que se empregan habitualmente fixéronse comprobacións sobre os sistemas, pero tamén de elementos como equipos simples e máquinas especiais”. Para maio están previstas dúas actividades de Apaga, unha de caixas de cambios automática e outra de sistemas de control de información Passthur para diagnose de vehículos.