Foz, 6 de abril 2019. O Bloque Nacionalista Galego en Foz vén de facer público o primeiro tramo da candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio. Nesta candidatura ampla na que o BNG integra a persoas de diferentes sectores sociais e laborais, ocupa o segundo lugar Gema Méndez Leivas, analista de laboratorio en Alcoa, seguida no terceiro posto por Iago Villamil Cajoto, médico no Hospital da Mariña. O cuarto posto correspóndelle a Sara Veiga Alonso, mestra, sendo o quinto para Benito García Bolaño, cociñeiro, de Vilaronte. E no sexto lugar, Zoraida Coira Vázquez, traballadora de telecomunicacións.
Persoas con ilusión e gañas e comprometidas co pobo de Foz
O común denominador de todas estas persoas ao igual que o resto das que componen a candidatura é o seu compromiso co pobo de Foz desde diversos eidos sociais e culturais e tamén a defensa dos intereses das maiorías sociais e dos servizos públicos coma a sanidade, donde Iago Villamil desenvolveu e desenvolve unha ardua labor na defensa deste importante servizo público.
Unha candidatura para liderar o cambio en Foz
A candidatura completa completa presentarase nas vindeiras semanas nun acto público ainda por determinar o lugar.
Con esta candidatura liderada por Francisco Xavier Fanego, o BNG intentará liderar o cambio que Foz tanto precisa, un cambio transformador para impulsar a Foz e dotalo de moitos dos servizos dos que agora carece e para xestionar mellor os existentes e poñendo no centro de atención ás persoas.
A candidatura completa será presentada nun acto público nos próximos días.