Burela, 5 de abril de 2019. En Burela continúa coa celebración da IV Semana do Deporte que daba comezo este mércores e rematará o vindeiro domingo.
Onte tivo lugar un circuíto deportivo nas Escolas Infantís, que recibiron a visita do CD Burela FS Pescados Rubén así como unha charla sobre Muller e deporte.
Esta tarde entre as 20:00 e as 20:30 horas no pavillón Vista Alegre, terá lugar unha actividade de primeiros auxilios no deporte, que estará aberta ao público en xeral. Será impartida por Camilo Vázquez e está organizada por Semes Galicia.
Mañá, 6 de abril, celebrarase un clínic de pádel, organizado por Activity Center. Terá un horario de 12:00 a 14:00 horas nas instalacións de Activity Center. Pola tarde na Praza da Mariña de 16:00 a 18:00 horas haberá un circuíto infantil de BTT, organizado por Cerezo Bikes.
O domingo, 7 de abril, a asociación Pasada das Cabras organiza un paseo pola ruta de sendeirismo circular de Burela. A saída será desde Capitanía Marítima, ás 10 horas. Tamén pola mañá, de 11:00 a 13:00 horas, no salón de conferencias, celebrarase un taller de iniciación ao xadrez para adultos, organizado polo club Reyes y Peones.
O domingo á tarde terá lugar o torneo de xadrez Reyes y Peones, no pavillón Monte Castelo, en horario de 16:00 a 18:00 horas.