RIBADEO (FNC) .- O Concello oferta unha praza de técnico en actividades deportivas. O contrato realizarase polo modalidade de obra ou servizo determinado ata o 31 de decembro. Será a xornada completa, 37,50 horas semanais incluindo, de ser o caso, traballo en sábados, festivos e domingos, dada a natureza do traballo a desenvolver.
Entre os requisitos específicos que se esixen figura estar en posesión do título de Técnico Superior en Actividades Físicas e Deportivas. Valoraránse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras Administracións Públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao da praza a que se opta, os cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo impartidos pola Administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados e a antigüidade no paro.
Os interesados poden presentar toda a documentación en orixinais e copia para a súa compulsa ata as 14 horas do vindeiro 13 de marzo no rexistro de entradas do Concello. A realización da proba e a valoración dos méritos aportados será o 16 de marzo ás 17 horas na Casa do Concello.