A Mariña, 29 de marzo de 2019.- O programa CATUXA, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense, inicia o mes de abril con máis actividades de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes nos centros educativos.
Neste próximo mes de abril, alumnos e alumnas de cinco IES da Mariña Lucense participarán nas actividades CATUXA.
En primeiro lugar, este luns 1 de abril, o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participarán nun taller “Afectivo-sexual” e no taller de “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais” respectivamente.
Ademais, ese mesmo día continuarase traballando cos e coas adolescentes a intelixencia emocional no IES Vilar Ponte do concello de Viveiro, para logo seguir en Mondoñedo e a finais de mes nos dous IES públicos do Concello de Burela.
1 de abril
Actividade: Taller afectivo-sexual
Hora: 10:20 horas.
Lugar: IES Marqués de Sargadelos. 27890 San Ciprián, CERVO (Lugo)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).
1 de abril
Actividade: Intelixencia emocional, social e habilidades persoais
Hora: 12:50 horas.

Lugar: IES Vilar Ponte. Rúa Antonio Ledesma 20, 27850 Viveiro

8 de abril

11 de abril
Actividade: Visionando a violencia de xénero para desmontala
Hora: 10:20 horas e 12: 30
Lugar: IES Plurilingüe San Rosendo. Avda. As San Lucas, 33 (27740) Mondoñedo (Lugo)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).
29 e 30 de abril
Actividade: Intelixencia emocional, social e habilidades persoais
Hora: 09:20 horas.
Lugar: IES Monte Castelo. Rúa Os Matos s/n 27880 Burela (Lugo)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).
29 de abril
Actividade: Intelixencia emocional, social e habilidades persoais
Hora: 16:15 horas.
Lugar: IES Monte Castelo. Rúa Os Matos s/n 27880 Burela (Lugo)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).
30 de abril
Actividade: Intelixencia emocional, social e habilidades persoais
Hora: 12:20 horas.
Lugar: IES Perdouro Rúa do Instituto, s/n 27880 Burela