Burela, a 27 de marzo de 2019.- O Partido Popular de Burela agradece e valora de forma positiva o compromiso da Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, con Burela e xa van varias veces. Así o sinala o candidato do PP á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, que recorda que “nesta ocasión, en tempo récord, en tan só catro meses foi proxectado, o Goberno galego buscou o orzamento e licitou as obras de reparación do CEIP Virxe do Carme de Burela tal e como se comprometera o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, no pasado mes de novembro”.
“Isto é o que deben exixir os veciños e veciñas de Burela dos políticos: solucións efectivas e rápidas antes as diversas circunstancias que se poidan presentar e non brindes ao sol tal e como fai o alcalde Llano”, manifestou Rouco. Así mesmo, lembrou que “o actual rexedor socialista no municipio pedira a dimisión do delegado da Xunta pola xestión deste asunto”.