Mañón 26-3-19. A orixe don montes comunais pérdese na memoria do tempo. Galicia, caracterizada pola dispersión xeográfica e o minifundismo, necesitaba de espazos comúns que garantizasen unha serie de recursos (alimento, estrume, leña, plantación,…) dos que doutra maneira non podían dispoñer. A chegada do réxime franquista supuxo o derradeiro cambio drástico na xestión dos montes veciñáis, provocando o abandono de moitos aproveitamentos e prácticas comunitarias. A antiga vinculación da poboación rural galega co monte foise reducindo de xeito paulatino. A mediados da década dos 70, os montes veciñais comenzan a retornar aos seus lexítimos donos, os veciños e veciñas, pero xa nun contexto socioeconómico diferente.
Na actualidade, as comunidades de montes representan en torno á cuarta parte da superficie galega, 700.000 hectáreas repartidas en máis de 2800 comunidades que, no contexto socioeconómico actual, tentan recuperar a importancia que algún día tiveron; ademáis, como unha importante seña de identidade e parte da cultura do noso territorio.
Coa idea de achegar, debater e intercambiar ideas e experiencias con veciños e comunidades de montes da nosa contorna, NORDÉS, nesta III edición de “Alternativas do rural” achega as experiencias da Comunidade de Baroña (Porto do Son) e da Comunidade de O Carballo (Friol) como exemplo de xestión a nivel social, económico e ambiental.
Dende NORDÉS creemos que poden ser unhas xornadas de gran interese polo que as actividades son abertas ao público, mais especialmente dirixidas ás comunidades de montes da bisbarra:
11.00-13.00h. Charla das comunidades convidadas sobre as súas iniciativas e experiencias e posterior debate. No Teleclube das Grañas do Sor (Mañón)
14.00-16:00h. Xantar en Casa Urbano, 15€/persoa (reserva no 653 756 454).
16:30h.-18:00h. Paseo polos montes das Grañas do Sor co fin de valorar posibilidades das comunidades, dúbidas, exemplos, etc.
Máis información no noso blog: https://asociacionnordes.wordpress.com/2019/03/25/alternativas-do-rural-o-potencial-da-xestion-comunal-dos-montes/