VIVEIRO .- Otero Regal expón en A Coruña 34 obras feitas en cerámica de alta temperatura policromadas con óxidos, esmaltes e engobes con un contido moi chamativo e cheo de cor; 30 son cadros cerámicos e 4 ánforas-paisaxe colocadas como esculturas. Esta obra orixinal foi realizada ó largo do ano 2009. A inauguración da exposición “Paisaxes cerámicos de Otero Regal” será o vindeiro xoves, 4 de Marzo ás 20 hora, na sala de Arte sita no edificio BCA28, na rúa Copérnico número 28, no Polígono de A Grela, en A Coruña.
Nota de Prensa
SALA DE ARTE
Edificio BCA28, C/ Copérnico 28 Polígono A Grela, 15008 A Coruña
OTERO REGAL
PAISAXES CERÁMICOS DE OTERO REGAL
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo. A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Paisaxes policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal. . REVISTART Agosto 2009
Acto que terá lugar o vindeiro xoves, 4 de Marzo ás 20 horas
A EXPOSICIÓN componse de 34 obras feitas en cerámica de alta temperatura policromadas con óxidos, esmaltes e engobes con un contido moi chamativo e cheo de cor. 30 son cuadros cerámicos e 4 ánforas-paisaxe colocadas como esculturas.
Esta obra original foi realizada ó largo do ano 2009
Por primeira vez podese ver unha obra de Otero Regal toda ela de paisaxes cerámicos, o que el veu o redor de si, en viaxes, vivindo en lugares moi diversos e sobre todo tomando centos de apuntes dende O Cairo a Tunicia, pasando pola Andalucía mais branca, Cataluña, Castela….e mirando sobre todo a perspectiva das casas, moi poucas das paisaxes están sin casas.
Otero Regal atopase, ós 57 anos, algo mais canso pero na mellor quenda de toda a sua historia polo que fai o tempero artístico. Nunca creou con mais oficio, que o ten todo, con ese saber facer, con ese aquel de artesán sabio, que so un Mestre, na sua obra pode bordar.
Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo.
O autor resístese ás clasificacións e ás preguntas, contesta con natural sinceridade:”Eu non sigo á moda, sígome a min”.
A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Figuras policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal.
As imaxes desta exposición, as primeiras paisaxes que eu lle coñezo son inquietantes, por momentos iso débese ao comentario social que encerran, pero aínda cando iso non fose así, permanecerían como motivo desafiante fronte ao espectador.
Trátase de imaxes que quedan gravadas na mente, que é unha das maiores probas de autenticidade.