Viveiro, 15 de marzo de 2019. Dende o Concello de Viveiro, e en concreto dende a Concellaría de Cultura, queremos celebrar que o Teatro Pastor Díaz cumpre cen anos, unha efeméride pola que nos sentimos profundamente orgullosos e que queremos celebrar organizando un acto que sirva para conmemorar e poñer en valor tan importante aniversario e que será anunciado proximamente.
Con motivo do seu centenario, quérese aproveitar a ocasión para difundir unha breve reseña da historia de tan emblemático edifico.
Historia:
O Teatro Pastor Díaz, está situado no casco antigo de Viveiro, entre rúas estreitas, sen a monumentalidade dos grandes teatros da época, confundíndose no seu entorno. A parcela onde se contrueu é trapezoidal entre as rúas Contanza de Castro e Luis Trelles.
A súa contrución foi entre 1918 e 1919 como iniciativa particular de D. Nemesio Barreiro Casal. O proxecto foi redactado por Mario Páez Suárez ( arquitecto da Deputación Provincial de Lugo entre os anos 1911e 1920).
Pasou por varios propietarios ata que foi adquirido polo Concello o 29 de decembro de 1988.
Estivo pechado oito anos para súa rehabilitación que foi reinaugurado 28 de setembro de 2001. O custo da rehabilitación foi de 200.000.000 de pts.( Ministerio de Fomento, Consellería de Cultura, Deputación Provincial de Lugo e Concello).
Nese momento o teatro volve a incorporarse na vida social de Viveiro, é o centro onde se realizan a maioría das actividades culturais do concello. Tanto organizadas polo concello como por calquer colectivo do municipio que o solicite.
Características arquitectónicas:
Superficie: 658.45 m²
Componse de tres volúmenes: O primeiro ten planta trapezoidal apoiado na rúa Constanza de Castro , cun frente de 11 metros sobre o que se elevan tres plantas. O segundo volumen corresponde ao salón de espectadores.que ten forma de U , con sus palcos entorno ao patio de butacas. O espacio interior segue os esquemas dos clásicos teatros a italiana. “ … la pendiente do patio de butacas , debe ser de un 7 % para que desde todas las filas de butacas se vea bien y dicho entarimado ira sobre caballetes para poder nivelar y enrasar con el proscenio en los días de baile:..” xa que se podia elevar o entarimado que foi suprimido nunha reforma doa anos sesenta.
O tercer volumen corresponde o escenario sobre a rúas Luis Trelles, hoxe en día despois da rehabilatación debaixo do escenario están os camerinos (3).
A fachada principal a rúa Constanza de Castro ten tres ocos a cada altura, cuia única decoración son unhas máscaras representativas do teatro e as ménsulas dos balcóns con dos escudos.
Na parte alta do escenario están gravados os rostros de Rosalía de Castro e Pastor Díaz . Autores Sandra Escohotado Gil e Fernando Cano Vidal
Características técnica:
Número butacas: 393
Tamaño do escenario: 112.01 m²
A Alcaldesa
María Loureiro García