Fai uns días o Goberno ofreceu no Parlamento, os grupos da oposición, a creación de un gran pacto onde consensuar medidas para superar a actual crise económica.
Un pacto sempre e positivo e neste caso máis aínda. A crise e moi grande e as medidas económicas que se están a tomar non son as acertadas, ou por o menos non están a dar froito.
Pero para que calquera pacto poda chegar a bo porto e dar resultados e imprescindible que se dean varios condicionantes sen os cales o pacto non ten ningún futuro. A saber:
* Que os participantes vexan necesario o pacto, e confíen en que os acordos os que podan chegar serán positivos.
* Que os participantes acudan con altura de miras e con vontade de facer concesións.
* Que os participantes sexan capaces de pedir colaboración e deixarse aconsellar por profesionais no tema en cuestión.
Pero o que eu vexo non e precisamente eso. Mais ben todo o contrario. Os posibles integrantes do pacto non teñen o mesmo como unha prioridade. Así temos:
* O goberno ofrece un pacto despois de negar a crise, de tomar un montón de medidas sen resultado positivo. Parece que non ten moito interese en que o PP participe no pacto, e que só pretende que ninguén lle poda dicir que non ofreceu o mesmo.
* O PP parece que non ten interese en participar no pacto e que só espera que a crise se cargue o actual goberno. Participara no pacto só para que ninguén poda dicir que non quixeron.
* Os demais partidos manifestan vontade en participar no pacto, pero a cambio cada un pide unha serie de prebendas que e o que realmente lle interesa (maiores competencias para a súa comunidade, mais cartos para unha determinada obra ou proxecto, etc).
Así, realmente, o pacto non vai a ofrecer nada positivo. Os seus resultados, si realmente se chega a acordos, non van valer para moito.
A quen lle interesa o pacto non pode participar no mesmo: Os parados, as familias sen recursos, as pequenas empresas que tan o borde da quebra, etc. A estos e os que realmente lles interesa un gran pacto, pero por desgracia eles non tan invitados a formar parte.
Os políticos deste pais teñen a posibilidade de pensar e actuar en pos dos seus concidadáns, dos seus veciños. Esperemos que así o fagan, o menos por unha vez.