Viveiro, a 23 de xaneiro de 2019. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
No pleno celebrado o 5 de setembro de 2018 o noso grupo municipal presentou un rogo sobre a situación actual dos pasos de cebra na rúa Suasbarras da parroquia de Covas, ó obxecto de realizar unha serie de melloras para a seguridade vial dos peóns.
Ó ser esta estrada, a LU-862, de titularidade autonómica, a Axencia Galega de Infraestruturas enviou ó Concello un informe sobre a solicitude do noso rogo, en donde sinala que a construcción dun paso elevado de peóns á altura dos números 20 – 22 da mencionada rúa non é posible posto que a diferencia de cota é prácticamente inexistente entre as beirarrúas e a calzada.
A instalación dun semáforo intermitente neste paso é competencia municipal por ser treito urbán e tratarse dunha medida de regulación do tráfico viario.
Por todo isto e ante a necesidade de garantir a máxima seguridade vial para os peóns neste paso de cebra situado na metade da rúa Suasbarras e no que nos últimos anos se levan sucedendo varios accidentes graves de peóns, e polo que lle ROGAMOS ó equipo de goberno local que atenda a nosa petición e dada a imposibilidade dun paso de peóns elevado, que se traslade o semáforo situado en Suasbarras número 1, que si ten paso elevado, e se coloque dito semáforo en Suasbarras 20-22.
Celestino García Paz. Concelleiro PP de Viveiro