Viveiro, a 23 de xaneiro 2019. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguinte ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1- No barrio do Chao da parroquia de Celeiro hai unha parada de bus que é moi utilizada polos veciños e que non dispón de marquesiña dende fai uns anos, según parece como indican os propios veciños, como consecuencia da ampliación da estrada.
O certo é, que a día de hoxe, o goberno municipal socialista non deu resposta nin solución a esta demanda veciñal, o que obliga ós usuarios dos autobuses, entre eles moitos nenos e nenas e persoas de idade avanzada, cando fai mal tempo a buscar refuxio en lugares fora da propia parada.
O noso grupo municipal solicitou a colocación da referida marquesiña en distintos plenos ordinarios nos anos 2014, 2015 e 2016, sendo a resposta da Sra. Alcaldesa de que se realizarían xestións con outras administración para a súa colocación ou ben cando se dispuxese dunha dotación orzamentaria para a súa colocación.
Dado que estimamos que despois de máis de dous anos para realizar estas xestións foi tempo máis que suficiente e dado o interese manifestado unha vez máis polos veciños desta zona e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que se digne en colocar esta marquesiña tan necesaria no Barrio do Chao en Celeiro
2 – No pleno do pasado mes de outubro de 2018, o noso grupo presentábamos un rogo para que se reparase a rúa dos Castelos situada entre as vivendas sociais da parroquia de Covas.
Como queira que a día de hoxe a situación sigue exactamente igual, con fochancas tanto na rúa como nos aledaños, e polo que reiteramos o noso ROGO á Sra. Alcaldesa para que procedan a súa reparación o máis rápidamente posible.
Celestino Garcia Paz
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro