Foz, 17 de xaneiro de 2019. Argentina Franco Geada foi a primeira gañadora do Campañazo que organiza o CCA de Foz durante este mes de xaneiro. Esta muller resultou agraciada con 300 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. A entrega tivo lugar no restaurante Dandy, que foi o local desde o que Argentina Franco seguiu o sorteo o pasado venres, día 11, e no que tamén conseguiu o boleto premiado. No acto participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz, e María Chao, propietaria do restaurante Dandy.
Varias persoas repartíronse os outros 300 euros do primeiro sorteo do Campañazo deste mes de novembro de 2018.
O Campañazo seguirá mañá, día 18. En xogo estarán 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados. Os sorteos realizaranse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.