NOTA DE PRENSA
O GPPP resposta a Antonio Veiga que non ten nada que rectificar
Lugo, a 19 de febreiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que nada ten que rectificar sobre as críticas realizadas con relación á contratación por parte da Fundación Crea, encargada do desenvolvemento do proxecto Lugo O2, dun coordinador para a execución do proxecto denominado “Posta en valor dos recursos naturais e paisaxísticos dos concellos comprendidos nas tres reservas da biosfera da provincia de Lugo e a Serra do Courel”.
Os populares sosteñen que “en ningún momento” dende o GPPP se afirmou que o único candidato que optou ó posto e que foi contratado fora militante do BNG, senón que específica e textualmente indicábase que era unha “persoa que formou parte no seu momento do BNG ribadense, onde exerceu coma concelleiro”.
Dende o GPPP tamén rexeitan as críticas realizadas polo voceiro do grupo provincial do BNG Antonio Veiga por facer mención explícita á identidade do beneficiario desta praza dado que ese tipo de información non é confidencial dado que é resultado dun concurso público.
Os populares reiteran, de feito, a súa denuncia de que a Deputación de Lugo estase a utilizar por parte dos seus responsables para colocar a ex-cargos da Xunta bipartita.