Burela 9-1-19. No día de hoxe, previa convocatoria do Comité de Empresa do Delegado de Personal, celebrouse na Praza do Concello a primeira concentración de traballadores e traballadoras municipais na historia do Concello de Burela, sendo esta secundada por unha ampla maioría dos empregados públicos.
As reivindicacións dos traballadores pasan por unha débeda histórica, a recualificación e avaliación obxectiva dos seus postos de traballo a través da aprobación da oportuna Relación de Postos de Traballo (RPT). O actual equipo de Goberno comprometeuse a rematar esta RPT no primeiro ano de mandato, aló polo 2016. De feito o mesmo Alcalde xa se comprometera ao mesmo no 2009.
Este documento é imprescindible para garantir os servizos municipais básicos, evitar o paulatino deterioro na calidade de prestación dos mesmos que ven acontecendo nos últimos anos, promover a estabilidade laboral do persoal contratado en fraude de lei e permitir a creación de novos postos de traballo que satisfagan as necesidades dos veciños e veciñas de Burela.
No canto disto, o grupo de Goberno do PSOE procedeu nos últimos exercicios a non aprobar Oferta de Emprega Público, o que conleva que non se cubriron postos por funcionarios de carreira nin laboral fixo, que son os que dan estabilidade ás familias, facendo no seu lugar contratos temporais, derivando algúns deles en fraude de lei. Por riba disto, durante os catro exercicios do actual mandato do PSOE en Burela, reduxose en centos de miles de euros destinados o gasto de persoal, mentres incrementou en máis de 100.000€ os cartos destinados a empresas privadas para traballos que, por certo, este equipo de Goberno se comprometera a levar a cabo con persoal propio do Concello.
Estamos cansos de ver notas de prensa do Sr. Alcalde onde fala do seu talante negociador mentres o que sucede realmente é que non negocia nada, limitándose a rebaixar o prezo das horas extras para seguir sen pagalas, prometendo uns criterios de produtividade que aínda estamos agardando, prometendo unha dotación económica para gastos socias e despois non deixando un peso nos orzamentos para isto… Vamos, o mesmo conto que o futuro pavillón de Burela.
Reiteramos que a vontade dos traballadores para chegar a acordos está intacta, e consideramos que a política de retrasar as mesas de negociación meses como está a facer o equipo de Goberno do PSOE en Burela non axuda en nada.