Burela 4-1-19. Neste fogar de acollida aténdese a nenos, nenas e adolescentes que se atopan en situación de garda ou tutela pública pola Xunta de Galicia. O centro ten concertadas 8 prazas co Servizo de Protección de Menores, igual que en anos anteriores, durante o ano 2018 este fogar funcional atendeu a unha media mensual de 11 menores, cunha ocupación media anual do 134% ,en concreto neste ano atendéronse a 17 menores, 14 rapaces e 3 rapazas. Como ven acontecendo nos últimos anos a atención especializada que se presta por un equipo multidisciplinar de profesionais céntrase na atención de adolescentes, 15 dos 17 atendidos contaban con 14 ou máis anos. 6 destes adolescentes foron derivados doutros centros de protección para prestarlles unha intervención máis individualizada e especializada, que evitase a problemática que xa presentaban nestes outros centros.
O obxectivo principal da intervención socio-educativa que estamos a desenrolar con estes menores é a da preparación para a súa autonomía e emancipación, reforzando as intervencións educativas, a autonomía persoal e a preparación para o mundo laboral.
Durante o 2018 seis menores causaron baixa no centro, retornado para o seu domicilio familiar, catro deles por ter xa máis de 18 anos ou estar a piques de cumprilos e poder contar para o seu proceso de emancipación co apoio doutros programas.
Os outros dous retornaron á súa familia por haber mellorado a situación desta.
Actualmente atópanse vivindo 11 menores, 10 deles maiores de 14 anos.