Queridos Reis Magos:
Sabemos que estades xa preparando a vosa viaxe de volta, camiño de Oriente, despois de cumprir as ilusións dos pícaros e pícaras de Ribadeo e algunha dos adultos.
No mes de maio queríamos cambiar de alcalde e xa sabemos que iso depende de nós pero como tamén sabemos que vos gusta estar informados de todo imos ir publicando na prensa algunhas das análises que é bo facer para decidir o voto con criterio. As nosas primeiras análises remóntanse ó 2011, que xa houbo tempo para cumprir as promesas.
Aló polo 2011 o BNG prometíanos entre outras cousas:
Construír unha terminal de carga e descarga para FEVE no polígono…aínda non a vimos (como podedes comprobar na foto).
Realizar un inventario-rexistro de locais comerciais baleiros para favorecer o seu posible aluguer ou venda… alguén que quixo poñer un negocio en Ribadeo dispuxo desta información por parte do concello?, que facilidades lle deron?
Iniciar a construción de puntos de carga para a madeira… os que se buscan os propios madeiristas
Continuar poñendo en valor o Camiño de Santiago, o centro etnográfico dos muíños e o das cetarias así como o turismo en torno aos valores da ría de Ribadeo… o Camiño de Santiago ben deita do Xacobeo, o centro dos Muíños non existe, as cetarias seguen deteriorándose…
Implantar a administración electrónica… polo de agora grazas a amabilidade dos funcionarios seguimos con papeis, ningún trámite se pode facer a través da internet.
Propoñer unha fórmula similar á do “Portelo único” para facilitar trámites administrativos coa comunidade veciña mediante a sinatura dun convenio co Principado de Asturias… sempre poden dicir que a propuxeron e non lles fixeron caso… moi propio tirar balóns fóra.
E ata aquí a primeira análise do programa do 2011. Feliz Aninovo… continuaremos… (1 de 4)
PP Ribadeo