Burela 2-1-19. Vimos asistindo a declaracións do líder galego do PSOE contra o Presidente da Xunta na que di que é “un Rey Desnudo” por que vive dunha estratexia de marqueting e que non cumpre a palabra dada.
Por esta mesma aclaración e por decencia democrática é polo que pedimos ó secretario xeral do socialistas que empece por solucionar a súa casa, posto que o Señor Llano asenta o seu goberno en tres mentiras:
-Dragado do encoro de rúa, ademais de mentira, el xa sabía que era unha falacia.
-Municipalización do servizo de auga, non so non fixo nada senón que ademais non se gastou un so euro en mellora das canalizacións ou en mellorar o ciclo da auga, o PSOE de Burela limitase a botar balóns fóra. E a auga subiu o prezo.
-Municipalización do Servizo de limpeza e recollida de lixo, neste mandato púidose municipalizar, pero pola contra privatizouse a unha empresa que non cumpre o prego do concurso, cuestión que CxG pensa levar á xustiza.
Isto ven a demostrar que o Sr. Llano é un alburgueiro, que o único que consigue e ser un “Rey desnudo” co servizo de prensa pagado por todos os veciños de Burela.
Diante de tan grandes mentiras o PSOE non pode ter este representante publico que ademais é membro da executiva de Caballero, pero vaia, xa vemos o que acontece o PSOE a nivel galego.