Ribadeo 24-12-18. Este pasado sábado celebrábase na pista cuberta de Expourense a fase final da Liga Abanca de menores, onde participaban os mellores clubs galegos en categorías inferiores. Na xornada de mañá era o turno dos sub-10 e sub-12, mentres que na de tarde participaban os sub-14, onde o atleta ribadense Brais Díaz Salas participaba co seu club.
Brais, ó igual que na xornada clasificatoria da fin de semana anterior, competía na disciplina de lanzamento de peso, onde acadaría a 2ª posición cun mellor lanzamento de 8,96 m. e conseguindo 15 puntos dos 16 posibles para o seu equipo. Os seus lanzamentos foron de 8.73, 8.96, 8.48, 8.71 m. respectivamente, completando unha gran participación.
O campión foi a Escuela Atlética lucense con 198 puntos, seguido do ADAS Proinor (O Barco de Valdeorras) con 181,5 puntos e terceiro CA Millaraio (Santiago) con 162,5 puntos.
Agora toca seguir adestrando para o Campionato galego en piscta cuberta que se celebrará o vindeiro 12 de xaneiro de 2019.