A Mariña 18 de decembro de 2018. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións desprazouse este martes até o Centro de Saúde de Mondoñedo seguindo a folla de ruta marcada polo colectivo consistente en ubicarse nun Centro de Saúde da comarca os terceiros martes de cada mes. A avalancha de persoas que acudiron a formalizar a súa reclamación foi tal, que obrigou a aumentar o seu horario de atención, para poder atender a tod@s @s veciñ@s que até alí se desplazaron.
En pouco máis de dúas horas formalizáronse unhas duascentas reclamacións, deixándose constancia deste xeito que a UMAR representa nestes momentos unha ferramenta indispensable para mariñás e mariñaos, que ven nesta mesa unha resposta ás súas demandas . ¨ Cando chegamos ao centro de saúde xa había un grupo de xente numeroso agardando por nós ,e en ningún momento deixamos de redactar reclamacións facendo até tres á vez. Tivemos que prorrogar en vinte minutos o horario para que non quedara ninguén sen facela¨- comenta Víctor Vila,portavoz do colectivo.
A maiores das reclamacións que cada persoa podía facer a título individual e referidas aos tempos de agarda para consultas, probas ou intervencións indecentemente prolongados, a Plataforma Sanitaria canalizou as demandas colectivas d@s veciñ@s ,que reclaman a substitución estable e desde o primeiro día de todos os permisos e baixas da pediatra titular así como que se implemente a atención pediátrica no tempo necesario para garantir unha asistencia satisfactoria , para evitar desplazamentos innecesarios e o colapso das urxencias hospitalarias. A segunda demanda colectiva facía referencia ao servizo de fisioterapia que actualmente impártese no centro de saúde de Foz, obrigando @s usuari@s de Mondoñedo e Lourenzá a desplazarse cando existen instalacións no centro de saúde de Mondoñedo. Dotar de aparataxe e de persoal en quendas de mañá e a tarde reduciría considerablemente a agarda para acceder ao tratamento , tanto en Foz coma en Mondoñedo.
Agardando até o último momento pola presencia da alcaldesa da cidade
A Plataforma Sanitaria agardou infructuosamente até o último momento pola presencia da alcaldesa da cidade, Elena Candia, para que materializase o seu apoio real aos problemas sanitarios que sufre A Mariña en xeral e Mondoñedo en particular.
¨A Plataforma Sanitaria tivo coñecemento de que Elena Candia e o seu grupo municipal presentaran unha moción na que pedían un servizo de pediatría ao completo e agardabamos que acudira á UMAR para materializar o seu apoio real asinando unha reclamación como fixo o seu pobo, máis non foi quen de presentarse¨ – lamentan desde o colectivo.