Xove, 14 de abril, 2024. Este luns foi presentado o artel da Festa do Polbo de Xove 2025 a cargo do grupo de hostaleiras e hostaleiros organizadores, do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e da concelleira de Cultura, Dolores Meitín.
A XXI edición da popular Festa do Polbo de Xove será o vindeiro Xoves Santo, 17 de abril, a partir das 19:00 h nos locais organizadores: Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, O Refugio, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoxo e Pulpería-Bar Cociña.
A partir de 15 euros poderase degustar unha rica ración de polbo, un dos produtos máis populares da nosa gastronomía. A cea estará animada pola percusión da comparsa Habelas Hainas de Barreiros, por tódolos locais participantes”. O Concello de Xove anima á veciñanza e aos visitantes de toda A Mariña a participar nesta festa gastronómica”.