“Ecos do pasado: unha experiencia sonora nas profundidades da terra”, será o vindeiro domingo, ás 12:00 h, para un máximo de 25 persoas
A mina Consuelo, un lugar de espectacular beleza natural onde aínda resoan as pegadas do traballo humano, será o escenario perfecto para que Paula Pintos utilice a súa voz -como xa fixera Mónica de Nut no ano 2022- para interactuar co ambiente, percorrendo os ecos e resonancias que alí se atopan. A través dos sons vocais que se disolven e transforman, os participantes poderán explorar como a vibración da voz pode dialogar coa terra e co tempo.
A experiencia durará 2 horas e media aproximadamente e as persoas asistentes serán testemuñas dunha exploración vocal profunda nunha contorna única e cargada de historia.
Experimentarán como a voz pode transformar un espazo, creando unha conexión intanxible pero poderosa coa contorna. E vivirán unha experiencia inmersiva que convidará a reflexionar sobre a relación entre o son, o tempo e o lugar.
Máis información en: https://xesteco.com/paulapintos/ Ou chamando ao: 633371828