A Xunta de Galicia acordou en marzo co sector unha parada biolóxico en abril e unha veda de polbo durante dous meses, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostible deste recurso pesqueiro. Así, neste período, queda expresamente prohibida a súa captura por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo, xa sexan interiores ou exteriores. Tamén é aplicable á pesca marítima de recreo e á pesca con calquera outra arte distinta da nasa para polbo. Unha das novidades respecto ao último plan é que a paralización da actividade extractiva no mes de abril contará con apoio económico ao sector afectado ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) que ampara a posibilidade de habilitar estas axudas á paralización temporal para aplicar medidas de conservación como os períodos de descanso biolóxicos dos recursos aparece recollida no regulamento deste fondo. Realízase para favorecer as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e para impulsar o desenvolvemento da actividade de xeito sustentable.