Oscos, 15 de abril, 2025. O Concello de Villanueva de Oscos ten todo preparado para a celebración do Vía Crucis Vivente que se celebrará como todos os anos o xoves santo día 17 de abril a partir das 19:00 horas na contorna do Mosteiro.
O ano pasado houbo algún cambio de localización nalgunha das escenas, debido ás obras que se estaban realizando para a reparación da cuberta do mosteiro de Santa María de Villanueva.
Aínda que as obras do mosteiro finalizaron, mantense como escenario para a última Cea o interior de la Igrexa, posto que o ano pasado este cambio gustou e sorprendeu ao público asistente. O resto da representación do Vía Crucis, como as escenas do xuízo con Pilatos lavándose as mans, a crucifixión ou o mercado seguirán mantendo a súa localización no horto do mosteiro e o campo situado en fronte.
Medio centenar de pretorianos pertencentes á Garda Pretoriana de Lugo participarán no Vía Crucis ademais da Percussio Praetoria e o grupo musical Galiclasic que arrufará coa súa música algunha das escenas máis representativas.
Esta Festa de Interese Turístico Rexional, que nunca defrauda, é un dos eventos máis representativos da Semana Santa na Comarca Oscos-Eo no que ademais participan un centenar de persoas.