Consolidada como unha startup tecnolóxica en crecemento, a compañía continúa avanzando con paso firme no seu obxectivo de ofrecer solucións innovadoras e adaptadas ao mercado con ADN Atlántico, demostrando que desde un pequeno núcleo rural de Galicia pódese proxectar talento, visión e tecnolog ía ao exterior.
A entrada en Portugal representa moito máis que unha ampliación xeográfica: é a confirmación do potencial da Eurorrexión Galicia -Norte de Portugal como espazo de innovación compartida, e un reflexo do compromiso da empresa coa internacionalización desde a contorna local.
A entrada de capital e executivos de Galicia, significou cambiar os valores da empresa, antes asentada en Valencia. Agora é unha empresa galega que mira a internacionalización desde Cervo.
“Estamos traballando nun proxecto de crecemento baseado en sectores productivos e apostando polos xoves cunha tarifa de diseño libre. O pa so de Portugal e chave para o crecemento sostible da nosa operadora, en Portugal somos moi competitivos” manifesta o Director de Operacións, Juan Carlos Piñeiro Docampo.
No campo da innovación o equipo de Un2 Masnostra está a desenvolver 3 potentes app vinculadas ao servizo público e ao turismo. “Coa post a no mercado das 3 app de UNIDOS (marca comercial), vai ser un salto de facturación e servizos que nos encamiña a ter o noso propio centro de I+D+I en Galicia, posiblemente na Mariña”, apunta Jose Luis Rubal, director de desenvolvemento de Un2.
O CEO Angel Pereiro e a Presidenta da empresa Ana Isabel Taboada están a traballar xa en Portugal na configuración dun Call Center colaborativo que será unha innovación no sector. “Estamos muy contentos con el camino de Un2 Masnostra desde su asentamiento en Galicia, estamos creciendo día a día y eso reconforta el trabajo bien hecho desde San Ciprián”, saliente a presidenta do grupo.