Lugo, 14 de abril de 2025. Á área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo recibiu máis de 150 solicitudes para participar no programa Da Escola á Granxa, que ofrece actividades de formación en granxas e proxectos de emprendemento no rural de distintos puntos da provincia.
Un cifra, xa superior á das últimas anualidades, que agardan incrementar ata o vindeiro 21 de abril, cando remata o prazo. O deputado de Rural Daniel García aproveitou os últimos días de vixencia da convocatoria para animar as anpas que aínda non o fixeron a sumarse ao programa, co que se financian as actividades e o desprazamento con achegas de ata 1.000 euros -100 anos máis que o ano pasado-.
Daniel García destacou “a ampla oferta educativa do programa, no que participan granxas de todas as comarcas con actividades produtivas moi diversas, nas que as nenas e nenos teñen a oportunidade de coñecer non só o seu traballo diario, senón tamén os produtos que elaboran e a súa contorna” e lembrou que “nos últimos anos participaron no programa preto de 18.000 alumnas e alumnos, que avalan a boa acollida das actividades”
O programa está aberto a asociacións de nais e pais de centros de educación infantil e primaria, que poden elixir entre un amplo catálogo de actividades nas 45 granxas e producións agroalimentarias que participan nesta cuarta edición do programa.
Os modelos a cumprimentar están dispoñibles na web de Rural, na seguinte ligazón:
https://deputacionlugo.gal/es/node/80634
Granxas Participantes
As granxas e producións agroalimentarias que se incorporan ao programa este ano son A Horta da Sancoveiga de Vilalba, dedicada ao cultivo de horta e avicultura ecolóxica, Agroalimentaria Laurentina de Lourenzá, de horta e árbores froiteiras, as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e Cachenas de San Breixo de Triacastela e, Casa da Escola SC de Sober de gando ovino extensivo en pastoreo, as gandarías de leite Gandería Castelo SC de A Pastoriza, Gandería Cid de Barreiros e Os Arroxos SL de Castro de Rei, a produción de mel Pingas de Gaia de Vilalba, as granxas en ecolóxico e con diversificación produtiva Casa Benito do Incio e Gandería Docampo de Castroverde, a produción de horta e conservas Ribeiregas de Negueira de Muñiz e a granxa de razas autóctonas da asociación Fogares Lar Muimenta, en Cospeito..
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasadas edición: Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandaría Ana Pérez Boo, (gando ovino extensivo en pastoreo) de Abadín, Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara, Gandería Puluán (queixería e produción de vacún de leite) de Monforte e Granxa Angus do Campo (gando vacún angus en extensivo e ecolóxico) en Castroverde.
Tamén repiten Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Mantoño Holstein (gando vacún leiteiro extensivo) en Barreiros, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara, O Trobo (museo de mel e produción apícola) do Valadouro, Pazo de Vilane (granxa avícola e producíon de ovos) de Antas de Ulla, Porco Celta de Outeiro (granxa de porco celta en extensivo) en Castro de Rei, SAT Lodos e Pérez (vacún leiteiro en extensivo) da Pastoriza, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol, Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo e Casa A Conguada (gando vacún autóctona e ecolóxico) de Palas de Rei
Tropic Gaia e ADEGA súmanse á oferta educativa con obradoiros de horta e de educación ambiental nos propios centros.