Trasbar, 20 de abril de 2025. A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, organizou este domingo, 20 de abril, a súa xa tradicional Pascua, festa que antano se celebraba por todo o alto no burgo e que dende este colectivo están a tratar de recuperar.
As actividades programadas para ese día comezaron ás 13.30 horas coa celebración dunha misa na capela do lugar para logo pasar a disfrutar dun xantar no Local social da Asociación.
Unha grande participación e o bo ambiente foron as notas predominantes dunha xornada que cumpriu amplamente as expectativas da Xunta Directiva.