Ana Pena, natural de Foz, veu cumprido o seu soño de traballar como guía turística na Mariña. A súa empresa Guía tu día acaba de cumprir o segundo aniversario. “Estou moi feliz de continuar a desenvolver a miña profesión na comarca onde nacín e contribuír a que a xente se leve un bo recordo”. Durante o ano traballa con varias axencias e grupos organizados, pero tamén deseña os seus propios paseos guiados tanto culturais como naturais para que poida asistir calquera persoa que teña interese.
