Esta iniciativa volve ser posible grazas á colaboración do Concello de Viveiro e o festival
Viveiro, 7 de abril, 2025. Como cada ano, as persoas censadas no Concello de Viveiro dispoñerán de abonos normais e Pandemonium para Resurrection Fest a un prezo reducido. Esta iniciativa, impulsada por parte do Concello de Viveiro e de Bring The Noise desde hai anos, non podía faltar na edición de Resurrection Fest de 2025.
Aqueles interesados poderán adquirir estes abonos de Resurrection Fest Estrela Galicia a partir do próximo día 9 de abril no Departamento de Xuventude do Concello de Viveiro, situado na Praza Maior en horario de 11 a 14h.
Os abonos son persoais e intransferibles e só poderán facer uso deles as persoas que figuren no censo. Non se poderá ceder a terceiras persoas.
Só permítese a compra de 1 abono por persoa.