A Mariña, 3 de abril, 2025. Ante o anuncio do peche inminente de Sargadelos, o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza quere amosar o seu apoio ás traballadoras desta factoría.
A deriva tomada pola administración da empresa, coa complicidade da Xunta de Galiza, debe ter consecuencias. Desde o STEG entendemos que a chantaxe e o “secuestro” das traballadoras por parte de Segismundo García non poden quedar impunes.
Chamamos á Xunta de Galiza a iniciar os trámites de expropiación dunha empresa que é un símbolo da cultura galega. É deber das administracións públicas garantir a supervivencia dunha fábrica que foi declarada Ben de Interese Cultural rn 2014. Chamamos á Xunta de Galiza garantir o mantemento do 100% dos postos de traballo.
Neste ano, no que o Día das Artes Galegas se lle adica Isaac Díaz Pardo, a expropiación de Sargadelos, para poñela ao servizo da cultura e da sociedade galegas sería, sen dúbida, a mellor homenaxe.