Balseiro: “O de Sánchez e o do PSOE cos traballadores de Alcoa foi unha sucesión de incumprimentos”
Madrid, 8 de abril de 2025. O Senado pide ao Goberno de Sánchez, a instancias do Partido Popular, o desbloqueo dos parques eólicos para Alcoa, ademais doutras medidas pendentes que permitirían blindar a actividade e os empregos da factoría mariñá.
O senador popular salientou que entorno a Alcoa dáse unha situación “paradoxal” xa que mentres en Europa hai un debate aberto sobre a necesidade de garantir o fornecemento de metais estratéxicos, en España está en perigo o futuro da única empresa de produción de alumino primario que queda no país.
Nese senso, valorou positivamente “o amplo acordo” acadado na Comisión de Industria despois de que o PSOE tamén votase a favor da transacción proposta polo PP. O BNG nin se presentou ao debate “demostrando o pouco interese que ten no futuro de Alcoa e dos seus traballadores” e VOX votou en contra da iniciativa popular.
O acordo final reflicte un dos compromisos “irrenunciables” como é urxir ao Goberno de España a autorizar os cinco parques eólicos vinculados á Alcoa e que levan 18 meses á espera da autorización do Ministerio de Transición Ecolóxica.
Balseiro lamentou que o do PSOE e o do Goberno Sánchez con Alcoa “é unha solución de incumprimentos. Non cumpriron nada do que prometeron, situación que contrasta co proceder da Xunta que si fixo fronte aos seus compromisos, por exemplo, autorizando a ampliación da balsa de lodos”
Sánchez prometera garantir un subministro de enerxía eólica a Alcoa máis barata e, en todo este tempo, non foi capaz de autorizar ningún dos cinco parques eólicos de competencia estatal”. Tamén prometera axudas por compensación de CO2 e un estatuto electrointensivo, “pero tampouco cumpriu. O estatuto electrointensivo aprobado polo Goberno de Sánchez da menos axudas que se reparten entre máis empresas, polo que Alcoa sae perdendo”-explicou
Sobre a convocatoria da mesa de seguimento do pacto de Alcoa, o senador popular tamén lembrou que “o acordo inicial recollía reunila cada 3 meses e o Goberno de España tardou practicamente 12 meses en convocala”.
A PRIMEIRA INDUSTRIA ELECTROINTENSIVA
Balseiro defendeu que aluminio é un metal básico para moitos sectores -polo que recordou que a súa actividade foi declarada esencial durante a pandemia-, é motor da economía e do emprego na comarca -onde xera máis de 2.000 empregos directos e indirectos- e na provincia onde representa o 30% do PIB.
O senador mariñán sinalou que “Alcoa é a principal industria electrointensiva de Galicia e de España” e, precisamente, a enerxía “é o seu punto máis débil” porque precisa moita enerxía para producir. Pero, “o Goberno de Sánchez, en sete anos, non foi capaz de garantir un marco enerxético estable e competitivo para as empresas electrointensivas”.
De feito, “España paga o prezo da electricidade industrial moito más caro que o resto de países europeos, pero o Goberno de Sánchez non foi capaz de poñer en marcha todos os apoios, PERTES ou axudas que o resto de países europeos si facilitaron ás súas industrias estratéxicas”.