O senador mariñán, José Manuel Balseiro, defenderá este martes unha iniciativa do Grupo Popular na Comisión de Industria y Turismo do Senado
A Mariña, 7 de abril de 2025. O senador mariñán do Partido Popular, José Manuel Balseiro, defenderá este martes na Comisión de Industria y Turismo do Senado unha proposta para instar ao Goberno de España a “activar de forma urxente as medidas da súa competencia para garantir a viabilidade da única planta de aluminio primario de España, a de Alcoa na Mariña, unha actividade declarada esencial debido a que o aluminio é un metal básico para moitos sectores e que representa o 30 % do PIB da provincia”.
Balseiro denuncia que “en sete anos o Goberno de Sánchez non foi capaz de garantir un marco enerxético estable e competitivo para as empresas electrointensivas”.
E para o caso de Alcoa, en particular, o Executivo prometera “garantir un subministro de enerxía eólica, máis barata, pero non foi capaz de autorizar ningún dos parques eólicos de competencia estatal”. Incluso, deixou caducar as autorizacións administrativas que prometeran arranxar a través dun Real Decreto. Pero, a día de hoxe, seguen sen cumprir a promesa”.
O popular considera “paradoxal” que mentres outras empresas consideradas estratéxicas para o Goberno de España como Telefónica, Air Europa e, máis recentemente, Arcelor, entre outras, reciben axudas públicas e apoios extraordinarios incluso chegando ao rescate, a factoría da Mariña non está recibindo o mesmo trato”.
Ante esta situación, Balseiro pedirá dende o Senado que o Goberno de Sánchez autorice de forma urxente os parques eólicos vinculados á produción de enerxía a un prezo estable e competitivo (PPA) que subministrarán á factoría, aumente a dotación presupostaria destas axudas ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea e articular unha liña de axudas públicas que garantan o investimento para a modernización da planta.